O Hockey Club Lev Poprad, máis coñecido como Lev Poprad, foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Poprad (Eslovaquia) que competiu na División Bobrov da Kontinental Hockey League (KHL) durante a tempada 2011-12, para posteriormente disolverse e refundarse en Praga (República Checa) como HC Lev Praha no 2012. O Lev Poprad xogaba os seus partidos como local no Zimný štadión mesta Poprad, un pavillón con capacidade para 4 500 persoas. Na única tempada que o equipo eslovaco xogou na KHL non conseguiu a clasificación para os play-offs, finalizando na última posición da súa división e 21º clasificado ao final da liga cun total de 54 puntos noutros tantos partidos.
O eslovaco Ľuboš Bartečko foi o capitán do equipo e o máximo puntuador do equipo, mentres que o checo Tomáš Netík foi o máximo goleador e o tamén eslovaco Juraj Mikúš foi o máximo asistente. O equipo estivo dirixido polo adestrador checo Radim Rulík. O Lev Poprad estaba integrado principalmente por xogadores checos e eslovacos.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 156 054 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 284 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.